Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como tecnoloxía

Rabbot

Imagen
Ola, animaliños!! 😊 O prometido é deuda, así que... hoxe por fin vos traemos a outra sorpresiña 💝 Trátase dunha actividade que imos realizar na nosa aula. Coma sempre, aprenderemos sobre os animais mamíferos, pero esta vez darémoslle un toque interactivo e... robótico! 🤖 co noso novo compañeiro o Blue-bot. Pinchade na imaxe para ver o vídeo no que explicamos como creamos esta actividade e como nos imos divertir en clase.  Esperamos que vos guste, unha aperta enorme 😺

A NOSA RELACIÓN COA TECNOLOXÍA

Imagen
  Para nós a tecnoloxía, xa é algo común na nosa vida, xa que nacemos e nos criamos con ela, de tal modo que a consideramos moi importante nas nosas vidas, especialmente en aspectos como entretemento e a comunicación. A tecnoloxía na nosa educación foi como algo máis ou menos inexistente, a excepción de algunha película ou algún vídeo para comentar na clase, de tal modo que a tecnoloxía na educación estivo algo apartada de nós. Se puidésemos destacar algo da tecnoloxía, é a capacidade que ten de facilitarnos algúns aspectos da nosa vida, como por exemplo pode ser a comunicación entre persoas que se atopan afastadas.