Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

REFLEXIÓNS SOBRE AS NNTT

Imagen
Cremos que o uso das novas tecnoloxías non fai que os/as alumnos/as teñan un mellor aprendizaxe , de tal forma que a tecnoloxía e independente do aprendizaxe do neno, e o que realmente importa é o profesor e a forma de ensinar do profesor, a tecnoloxía é simplemente unha ferramenta máis. O uso da tecnoloxía na aula non te fai mellor ou peor profesor/a. Cada profesor/a desenrola a súa metodoloxía baseada nas diferentes ferramentas que decida empregar e o importante é o resultado que esta teña co alumnado, independentemente de se sexan tecnolóxicas ou non. Na nosa aula no futuro imos empregar as tecnoloxías para o uso de material audiovisual no que nos apoiaremos para dar a nosa explicación e co que mesmo poderemos recurrir á gamificación para unha explicación máis interactiva. Vemos as novas tecnoloxías como medio e non como fin, xa que o importante da educación non é preparar ó noso alumnado para o uso destas, senón axudarlles a adquirir máis competencias. Consideramos que a educación ...

A NOSA RELACIÓN COA TECNOLOXÍA

Imagen
  Para nós a tecnoloxía, xa é algo común na nosa vida, xa que nacemos e nos criamos con ela, de tal modo que a consideramos moi importante nas nosas vidas, especialmente en aspectos como entretemento e a comunicación. A tecnoloxía na nosa educación foi como algo máis ou menos inexistente, a excepción de algunha película ou algún vídeo para comentar na clase, de tal modo que a tecnoloxía na educación estivo algo apartada de nós. Se puidésemos destacar algo da tecnoloxía, é a capacidade que ten de facilitarnos algúns aspectos da nosa vida, como por exemplo pode ser a comunicación entre persoas que se atopan afastadas.

PRESENTACIÓN DE GRUPO

Imagen
Nos somos os ANIMAIS BIÓNICOS , un grupo de persoas que viven en diferentes cidades e que so se ven cando hay clase presencial...pero compartimos o gusto polos animais, de ahí a escolla da materia das ciencias da natureza, máis concretamente o tema dos animais mamíferos.  

PRESENTACIÓN AUTORES

Imagen
  > Datos persoais:       - Nome: Lucía     - Apelidos:  Vázquez Baamonde     -  Data de nacemento: 23 de Outubro de 2002     -  Idade: 18 anos     - Cidade: Vilagarcía de   Arousa, Pontevedra, Galicia > Datos aleatorios:     - Nos meus tempos libres gustame debuxar e fago cadros para decorar a miña casa ou para persoas que mos encargan.     - Gustame escoitar "Batallas de gallos" como a FMS ou a Red Bull, ademais de escoitar a artistas pouco recoñecidos como Swit Eme ,  EZVIT ou Killah Man.     - Encántanme os animais e sempre que podo documentalízome sobre eles vendo documentais ou pola miña conta.     - Sempre fun unha persoa deportista e practico todo tipo de deportes, dende pequena fun a clases de: Patinaxe, atletismo, hípica, natación, fútbol e clases de baile. > Experiencia coas TICs: Actualmente, a pesar de formar parte da xeración Z e estar moi ...

PRESENTACIÓN AUTORES

Imagen
    Ola! Son Erea Soto Díaz, teño 18 anos e son de Vigo, a cidade das luces😆. Estudo o Grao de Educación Primaria na Universidade de Vigo. Encántanme os animais, a natureza e a música... topicazos😳. Pensemos en algo máis orixinal... Son titulada en profesora de ioga para nenos e nenas, toco o piano decentemente e son cinturón laranxa-verde de taekwondo.  A pesar de ser Xeración Z, non me levo do todo ben coas tecnoloxías, o suficiente para sobrevivir😅. O que  mellor  controlo son as redes sociais, pero do demáis... teño moito que aprender, aínda que teño que admitir que non me apaixona,  a presenza da tecnoloxía nas nosas vidas  paréceme excesiva .

PRESENTACIÓN AUTORES

Imagen
  O meu nome é Adrián Vidal Dios, teño 18 anos e son de Ribeira. Aínda que pertenzo a xeración Z e esta se caracteriza polo uso das TICs, non teño moita experiencia co uso das TICs, sobre todo aquelas que teñen un carácter educativo. En canto os meus hobbies, unha das cousas que mais me gusta é o fútbol, deporte que practiquei durante anos e o meu equipo favorito é o Real Madrid, outro dos meus hobbies é quedar cos meus amigos e pasar o tempo con eles. Outra cousa que me gusta facer é escoitar música e sobretodo a Don Omar, xa que é o meu cantante favorito.