REFLEXIÓNS SOBRE AS NNTT

  • Cremos que o uso das novas tecnoloxías non fai que os/as alumnos/as teñan un mellor aprendizaxe, de tal forma que a tecnoloxía e independente do aprendizaxe do neno, e o que realmente importa é o profesor e a forma de ensinar do profesor, a tecnoloxía é simplemente unha ferramenta máis.
  • O uso da tecnoloxía na aula non te fai mellor ou peor profesor/a. Cada profesor/a desenrola a súa metodoloxía baseada nas diferentes ferramentas que decida empregar e o importante é o resultado que esta teña co alumnado, independentemente de se sexan tecnolóxicas ou non.
  • Na nosa aula no futuro imos empregar as tecnoloxías para o uso de material audiovisual no que nos apoiaremos para dar a nosa explicación e co que mesmo poderemos recurrir á gamificación para unha explicación máis interactiva.
  • Vemos as novas tecnoloxías como medio e non como fin, xa que o importante da educación non é preparar ó noso alumnado para o uso destas, senón axudarlles a adquirir máis competencias.
  • Consideramos que a educación pública disfruta de suficentes recursos informáticos, incluso máis que algúns colexios concertados ou privados. A educación pública dispón do Proxecto Abalar co que se suministra ós colexios con pizarras táctiles e ordenadores portátiles para cada aula e alumno. Polo tanto é posible traballar coas novas tecnoloxías nos colexios públicos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

edCrumble

PRESENTACIÓN AUTORES