Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2021

Educaplay

Imagen
 Olaa!  Gustouvos a sopa de letras de WordWall?? Deixádenos as vosas impresións nos comentarios 😊 Hoxe vos traemos dous actividades máis, creadas cunha plataforma distinta, Educaplay. Con elas seguiremos traballando as características dos mamíferos. Ambas son perfectas para nen@s de 9 anos, dentro da asignatura de Ciencias da natureza.  A primeira é un crucigrama no que teredes que ler as definicións ou identificar as imaxes para completalo. E a segunda un mosaico para relacionar imaxes de animais coa súa categoría dentro dos mamíferos, escritas ou en audio. Esperamos que vos gusten! 😸

WordWall

Imagen
 Olaa!😊 Compartímosvos un novo xogo sobre os animais mamíferos que creamos na plataforma WordWall. Con esta actividade poremos a proba os nosos coñecementos sobre os animais mamíferos máis coñecidos, buscando a que animal nos referimos coa nosa definición. É unha actividade perfecta para os nenos e as nenas de 9 anos ou cerca, dentro da asignatura de Ciencias da natureza.

edCrumble

Imagen
 Comezamos a empregar unha plataforma na que podemos subir unha unidade didáctica (un calendario sobre as actividades que imos facendo). Estamos a empregar edCrumble, pero existen máis plataformas. Parécenos de gran axuda poder compartir a planificación do que imos facer con vós para que podades mantervos ó día coas actividades que vaiamos propoñendo. Ó ser público calquera pode velo en calquer momento e así non haberá ningunha dúbida do que haxa que facer e cando entregalo. Deixámosvos aquí o enlace 😊: edCrumble  

ACTIVIDADES SOBRE OS MAMÍFEROS

Imagen
 Ola!! Imos comezar a compartir cousas súper interesantes! 😃 Así que preparádevos e estade atent@s que seguro que vos van encantar! Hoxe traémosvos unhas actividades sobre os animais mamíferos para que repasedes as súas características e aprendades novas curiosidades sobre eles. http://es.tiching.com/animales/recurso-educativo/64335 Este é un quiz para clasificar ós animais en función da súa categoría (mamíferos, insectos, aves...). É perfecto para comezar a adentrarnos na investigación dos nosos queridos mamíferos dunha forma máis xeral, e axudaranos a ter claro que animais imos estudar e cales non. http://es.tiching.com/link/30747 Dentro de ese enlace, pincha en ¿Que soy?, accederás a unha actividade na que poderás relacionar imaxes de diferentes animais coa súa descripción. Esta actividade axudaranos a continuar coñecendo ós animais en xeral, e preparándonos para entrar nos mamíferos concretamente. http://es.tiching.com/link/72456 A terceira actividade é un crucigrama sobre os ...