ACTIVIDADES SOBRE OS MAMÍFEROS

 Ola!!

Imos comezar a compartir cousas súper interesantes! 😃 Así que preparádevos e estade atent@s que seguro que vos van encantar!

Hoxe traémosvos unhas actividades sobre os animais mamíferos para que repasedes as súas características e aprendades novas curiosidades sobre eles.


Este é un quiz para clasificar ós animais en función da súa categoría (mamíferos, insectos, aves...). É perfecto para comezar a adentrarnos na investigación dos nosos queridos mamíferos dunha forma máis xeral, e axudaranos a ter claro que animais imos estudar e cales non.
Dentro de ese enlace, pincha en ¿Que soy?, accederás a unha actividade na que poderás relacionar imaxes de diferentes animais coa súa descripción. Esta actividade axudaranos a continuar coñecendo ós animais en xeral, e preparándonos para entrar nos mamíferos concretamente.
A terceira actividade é un crucigrama sobre os diferentes mamíferos, tamén os menos coñecidos, polo que afianzaremos os nosos coñecementos sobre a clasificación de estes animais.
Con este xogo interactivo poderás aprender de maneira cómoda, fácil e divertida máis sobre os mamíferos. Trabállanse as características propias dos mamíferos mediante diferentes actividades coas que aprenderemos moito sobre estes.

Este xogo é completísimo, da moita información e ten moitos xogos diferentes que te permitirán avaliar os teus coñecementos sobre os mamíferos.

E por último deixámosvos un documental cortiño para disfrutar do adorables que son estes animaliños, á vez que repasamos e completamos todas as cousas tan interesantes que aprendimos sobre eles.

Esperamos que vos gusten e pasedes un bo rato! 😸💛




Comentarios

Entradas populares de este blog

edCrumble

PRESENTACIÓN AUTORES