edCrumble
Comezamos a empregar unha plataforma na que podemos subir unha unidade didáctica (un calendario sobre as actividades que imos facendo). Estamos a empregar edCrumble, pero existen máis plataformas. Parécenos de gran axuda poder compartir a planificación do que imos facer con vós para que podades mantervos ó día coas actividades que vaiamos propoñendo. Ó ser público calquera pode velo en calquer momento e así non haberá ningunha dúbida do que haxa que facer e cando entregalo. Deixámosvos aquí o enlace 😊: edCrumble